Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 27 de xullo de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado comunal da Eirexa-Bouzo, a favor dos veciños da Eirexa, Prados e Ribela, na parroquia de Ribela, no concello de Coles (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 9 de xuño de 2016, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado comunal da Eirexa-Bouzo a favor dos veciños da Eirexa, Prados e Ribela, na parroquia de Ribela, no concello de Coles (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 27 de outubro de 2008, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Elvira Macía López e outros, no cal solicitan a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas comunal da Eirexa-Bouzo.

Segundo. Con data do 21 de outubro de 2010, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Coles.

Denominación do monte: comunal da Eirexa-Bouzo.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da Eirexa, Prados e Ribela, parroquia de Ribela.

Superficie total: 57.980 m2.

O Bouzo:

Superficie: 5.100 m2.

Lindeiros:

Norte: pol. 36, parc. 210 de Joaquín Llamas Gutiérrez.

Sur: pol. 36, parc. 202 de Pablo Paz Garza, Miguel Ángel Paz Garza, Francisco Javier Paz Garza, David Paz Garza e Alberto Paz Garza; pol. 36, parc. 203 de Juan Antonio Iglesias García; pol. 36, parc.271 de Manuel Iglesias García; pol. 36, parc. 204 de Carmen Pérez Álvarez; pol. 36, parc. 206 de Otilia Laso Díaz; pol. 36, parc. 207 de José Iglesias Pérez, Hermitas Iglesias Pérez, Andrés Iglesias Pérez e Alberto Iglesias Pérez; pol. 36, parc. 208 de Héctor Iglesias Guzmán.

Leste: pol. 36, parc. 347 estrada, camiño.

Oeste: pol. 36, parc. 210 de Joaquín Llamas Gutiérrez.

A Eirexa:

Superficie: 52.880 m2.

Lindeiros:

Norte: pol. 42, parc. 210 de Dolores Montes Iglesias; pol. 42, parc. 215 de Vicente Montes Blanco e dous; pol. 42, parc. 216 de Ubaldo Montes Iglesias; pol. 42, parc. 217 de Emilio Doforno Laso; pol. 42, parc. 218 de Olenia Iglesias García; pol. 42, parc. 219 de Celsa Iglesias García; pol. 42, parc. 220 de Laura Iglesias López; pol. 42, parc. 221 de Celso Iglesias Pérez; pol. 42, parc. 222 de Emilia Carmen Iglesias Rey; pol. 42, parc. 223 de Emilio Doforno Laso; pol. 42, parc. 230 de Ovidio Pérez López; pol. 42, parc. 231 de Josefa González Iglesias; pol. 42, parc. 234 de M. Avelina Varela Paz; pol. 42, parc. 235 de M. Isabel Varela Paz; pol. 42, parc. 502 de María Luisa Santos Sotelo; pol. 42, parc. 237 de Bar Santos; pol. 42, parc. 240 de Antonio Pérez Vázquez; pol. 42, parc. 241 de Sergio Osbino Pérez Dosouto; pol. 42, parc. 242 de Juan Antonio Iglesias García; pol. 42, parc. 243 de Avelino Gómez Pérez; pol. 42, parc. 497 de María José Latas López e un; pol. 42, parc. 251 de Amador López Sotelo; pol. 42, parc. 250 de José Antonio Lorenzo Díaz; pol. 42, parc. 496 de Ermitas López Sotelo.

Sur: pol. 42, parc. 157 de Laura Iglesias López; pol. 42, parc. 162 de Emilia Carmen Iglesias Rey; pol. 42, parc. 163 de Eloy David Gómez; pol. 42, parc. 164 de Vicente Montes Blanco e dous; pol. 42, parc. 165 descoñecido; pol. 42, parc. 166 de Rosa Rey Novoa; pol. 42, parc. 167 de Eloy David Gómez.

Leste: pol. 42, parc. 171 de Avelino Gómez Pérez; pol. 42, parc. 172 de Ovidio Pérez López; pol. 42, parc. 173 de Rosa Rey Novoa; pol. 42, parc. 177 de Ubaldo Montes Iglesias; pol. 42, parc. 178 de Luis López Salgado; pol. 42, parc. 181 de Emilio Doforno Laso; pol. 42, parc. 182 de Pablo Paz Garza, Miguel Ángel Paz Garza, Francisco Javier Paz Garza, David Paz Garza y Alberto Paz Garza; pol. 42, parc. 183 de José Pérez González e un; pol. 42, parc. 184 de José Antonio Lorenzo Díaz; pol. 42, parc. 192 de Avelino Gómez Pérez; pol. 42, parc. 195 de Francisco Felipe Perfecto David Peña e Artemio David Peña; pol. 42, parc. 197 de Luis López Salgado; pol. 42, parc. 199 de Manuel Santos Muñoz; pol. 42, parc. 202 de Antonio Álvarez Díaz; pol. 42, parc. 204 de Odila David Gómez; pol. 42, parc. 205 de Celestino Sotelo Dosouto; pol. 42, parc. 206 de Lucita Varela García; pol. 42, parc. 207 de Alfredo Montes Iglesias; pol. 42, parc. 208 de Carmen Pérez Álvarez; pol. 42, parc. 209 de José Manuel Guzmán Iglesias; camiño, estrada.

Oeste: pol. 42, parc. 106 de Laura Iglesias López; pol. 42, parc. 104a de Mercedes Varela Carid; pol. 42, parc. 104b de Mercedes Varela Carid.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado comunal da Eirexa-Bouzo, a favor dos veciños da Eirexa, Prados e Ribela, na parroquia de Ribela, no concello de Coles (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 27 de xullo de 2016

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense