Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente na organización do traballo remunerado e a formación ocupacional dos menores infractores internados en centros de reeducación, cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE 2014-2020 (expediente 81/2015).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: organización do traballo remunerado dos menores internados en centros de reeducación e á súa formación laboral, en aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 36, do 23 de febreiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: trescentos sesenta mil euros (360.000 euros). Actividade exenta de IVE.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 7.6.2016.

b) Data da formalización: 1.7.2016.

c) Contratista: E.I.L. Insergal, S.L.U.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación por anualidades: 2016: 83.500 €; 2017: 167.000 €; 2018: 83.500 € (IVE exento).

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social