Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 1 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de procedencia de reintegro da axuda polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia, regulada na Orde do 14 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), relativa ao expediente TR341D 2014/346-2.

Intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución dictada pola xefa territorial.

Advírteselle á interesada que de non interpoñer o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 1 de agosto de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2014/346-2.

Nome: Mónica Freitas Sánchez.

DNI/NIF: 33535178M.

Último enderezo coñecido: avenida Garabolos, 2, 5º A, 27002 Lugo.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 12, letra b), da orde de convocatoria.

Contido: acordo de procedencia de reintegro da axuda.

Data da resolución: 7 de xuño de 2016.