Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECIÓN de erros. Resolución do 3 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da obra de ampliación do comedor do CEIP As Mercedes (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01. (expediente ED 23/16-O).

Advertidos erros na mencionada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 151, do 10 de agosto de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 35725:

– Na resolución do título do anuncio, onde di: «...obra de ampliación do comedor do CEIP As Mercedes (Lugo)...», debe dicir: «...obra de ampliación do CEIP As Mercedes (Lugo)...».

– No punto 2, letra a), onde di: «Descrición do obxecto: obra de ampliación do comedor do CEIP As Mercedes.», debe dicir: «Descrición do obxecto: obra de ampliación do CEIP As Mercedes.».