Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 29 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado 118/2016, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Iván Iglesias Martínez interpuxo recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento abreviado número 118/2016 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela. O dito recurso contencioso-administrativo ten por obxecto a pretensión do recorrente manifestada en diversos escritos presentados ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en relación coas persoas integrantes na lista existente na Consellería para a cobertura temporal, en calidade de interino e substituto, de postos da especialidade de Análise e Química do corpo de profesores de ensino secundario. Nos seus escritos solicitaba que se verificase o cumprimento do requisito da formación pedagóxica e didáctica das persoas integrantes nesa lista e que se excluíse a quen non acreditase tal requisito antes do 1.9.2013.

En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e para atender o requirimento do 22.7.2016 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, por medio da presente notifícaselles a interposición do recurso contencioso-administrativo sinalado a todos os integrantes da lista existente na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a cobertura temporal, en calidade de interino e substituto, de postos da especialidade de Análise e Química do corpo de profesores de ensino secundario, emprazándoos para que, se o consideran oportuno, poidan comparecer no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (rúa Viena, s/n, na cidade de Santiago de Compostela) no prazo de nove días, para constituírse como parte interesada no proceso xudicial indicado. Ese prazo dos 9 días comeza a contar desde o día seguinte ao da publicación deste escrito.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos