Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (222/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución parcial 222/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Vidal Buján contra Estaleiros do Norte Embarcaçoes Profissionais e Desportivas, Lda. e Tian Boats, S.L., se ditou decreto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar as executadas, Estaleiros do Norte Embarcaçoes Profissionais e Desportivas Lda. e Tian Boats, S.L. en situación de insolvencia parcial por importe de 52.124,82 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional (10.350,12 euros de indemnización + 38.838 euros de salarios + 1.413,70 euros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores), máis 5.384,52 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, o 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

b) Cancelar o embargo trabado sobre o vehículo matrícula 5252FTG e remitir o oportuno mandamento de cancelación de embargo por duplicado ao Rexistro de Bens Mobles da Coruña.

c) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Estaleiros do Norte Embarcaçoes Profissionais e Desportivas, Lda., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza