Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 44/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 44/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Pintor Sines contra o Fogasa, Forensic Solutions, S.L.P., administrador concursal, Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«– Citar as partes e, dado que a entidade Esabe Vigilancia, S.A. é descoñecida, cítese por medio de edictos para que compareza o día 23.11.2016 ás 10.05 horas na planta baixa, sala 1, edificio da rúa Berlín ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, ás 10.10 horas do mesmo día, na planta baixa, sala 1, edificio da rúa Berlín, ao acto de xuízo.

– Advírtase ás partes que en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo a non comparecencia do demandado, e continuará o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a informar o xuíz.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a ou representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da administración de xustiza»

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza