Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (234/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 234/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Torres Vigo, Sergio José Barreiro Pires, Antonio Otero Chenel, Jesús Plácido Suárez Villaverde, María del Carmen Canedo Traba, José Penas Íñiguez, Javier Miras Gómez, Victoria Martínez Lago e José Manuel Vaamonde Villasenín contra a empresa APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Acordo acumular esta execución número 81/2016 á seguida nesta oficina xudicial co número 234/2013.

Lévese testemuño deste á execución de razón e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de revisión que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que ao xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., Jaime Torres Vigo, Sergio José Barreiro Pires, Antonio Otero Chenel, Jesús Plácido Suárez Villaverde e María del Carmen Canedo Traba, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza