Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (497/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 497/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fátima Vidal Vilar contra Packaging Coruña, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e Daniel Pazos Fernández, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fátima Vidal Vilar contra Packaging Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a entidade Packaging Coruña, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 11.019,58 euros, como indemnización de danos e perdas derivados do accidente de traballo sufrido o 26 de novembro de 2014, con imposición dos xuros moratorios desde a formulación de papeleta conciliatoria (23.4.2014).

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fátima Vidal Vilar contra Daniel Pazos Fernández, ao que debo absolver de todo o pedido na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado, a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Parkaging Coruña S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza