Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35463

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1557/2014).

Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no presente procedemento exequátur número 1557/2014, seguido por instancia de José Antonio Sánchez Velasquez fronte a Jenny Beatriz Muñoz Viana, ditouse auto do teor literal seguinte:

«Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Parte dispositiva:

Estimo a demanda de exequátur presentada pola procuradora Sra. Cereijo, en nome de José Antonio Sánchez Velasquez, e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza de divorcio ditada o 26.3.2004 pola Sala do Tribunal de Protección do Neno e do Adolescente da circunscrición xudicial do estado Miranda, Extensión Barlovento, Venezuela, xuíz unipersoal número 2 en causa de divorcio número 185-A, expediente 04/4231, do matrimonio formado por José Antonio Sánchez Velasquez e Jenny Beatriz Muñoz Viana.

Unha vez notificada esta resolución, anótese no Rexistro Civil central do Ministerio de Xustiza Español, con testemuño da presente resolución e da sentenza ditada en Venezuela.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Jenny Beatriz Muñoz Viana, esténdese a presente para que sirva de notificación a esta.

Ourense, 17 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial