Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35355

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do proxecto básico e de execución do edificio para traslado provisional dos postos do mercado da praza de abastos número 1 de Ourense.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

d) Número de expediente: 2016013456 (ref. 2417).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto básico e de execución do edificio para traslado provisional dos postos do mercado da praza de abastos núm. 1 de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: seis meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45000000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Criterios avaliables mediante cifras e fórmulas: 68 puntos.

– Oferta económica: 50 puntos.

– Incremento do prazo de garantía: 3 puntos.

– Redución do prazo da obra: 10 puntos.

– Control de calidade externo: 4 puntos.

– Control de calidade interno: 1 punto.

Criterios non avaliables mediante cifras e fórmulas: 32 puntos.

– Memoria técnica da execución da obra: 10 puntos.

– Melloras gratuítas:

– Protocolo de gretas: 11 puntos.

– Mantemento das instalacións: 11 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 599.999,16 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: 599.999,16 euros. IVE: 125.999,82 euros. Importe total: 725.998,98 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos todos, categoría 3.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: tres meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 28 de xullo de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde