Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 29 de xullo de 2016 polo que se publica a resolución referente á convocatoria de diferentes prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público 2010 e na oferta de emprego público 2015.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) núm. 144, do 29 de xullo de 2016, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público 2010 e na oferta de emprego público do ano 2015.

O concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución do 12 de xullo de 2016, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2010 e na oferta de emprego público do ano 2015, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 9. Denominación: administrativo.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 3. Denominación: auxiliar.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 3. Denominación: subalterna.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 2. Denominación: bombeiro-condutor.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: mestre electricista.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: mestre de obras.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial electricista.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial albanel.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de obras.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial carpinteiro.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: sepultureiro.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 29 de xullo de 2016

Anabel Gulías Torreiro
Alcalde accidental