1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
4º. Teléfono: 881 54 27 87.
5º. Fax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-CON1-16-010.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo do deseño e execución dun programa de prevención do consumo de drogas en espazos públicos de ocio nocturno e de botellón.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 31 de agosto de 2018.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 80561000-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntos |
Criterios non valorables automaticamente (sobre B) |
0-45 |
Oferta técnica |
0-20 |
• Valoración dos materiais de información-sensibilización |
0-20 |
Outras melloras |
0-25 |
• Ampliación do programa de formación dos técnicos |
0-8 |
• Realización de actividades de captación de voluntarios |
0-6 |
• Realización de dinámicas ou actividades artísticas de captación de mozos durante as intervencións |
0-5,5 |
• Coordinación con servizos de limpeza ou similares para a realización de accións de intercambio de vasos ou residuos |
0-5,5 |
Criterios valorables automaticamente (sobre C) |
0-55 |
Prezo |
0-45 |
Ampliación do número total de intervencións que se realizarán por trimestre |
0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 110.000 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 110.000 euros. Importe total: 133.100 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatario/s.
11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016
A directora xeral de Recursos Económicos
P.S. (Acordo 18.7.2016)
Cristina Enjamio Cabado
Subdirectora xeral de Investimentos