Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de xullo de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente PON/41/2013).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 18 de maio de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha segunda multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/41/2013 a Rosario Sobral Tomé e Manuel Sobral Amoedo como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 13 de febreiro de 2015, que ordenaba a desinstalación dun remolque caravana e dunha carpa de 40 m2 e mais da soleira de formigón para uso residencial sen vinculación a explotación agropecuaria ningunha, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, prohibindo definitivamente os usos a que desen lugar, na parcela 184 do polígono 14, con referencia catastral 36045A014001840000WL, no Camiño da Lavandeira do Viso, 5, Tuimil, O Viso, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lles notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e é motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

Caso non exerceren o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

José antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística