Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 20 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2015/223-36).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado, a persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2015/223-36.

Interesada: María José Fernández García.

Enderezo: rúa Uxío Novoneyra, nº 5, 2, Chantada, Lugo.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 2 de xuño de 2016.

Vigo, 20 de xullo de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo