Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2016 pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato de servizos para os traballos de escavación arqueolóxica da mámoa 4 de Guidoiro Areoso, na Illa de Arousa (Pontevedra) (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a declaración de deserto do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=29097

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 107, do 7 de xuño de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: traballos de escavación arqueolóxica da mámoa 4 de Guidoiro Areoso, na Illa de Arousa (Pontevedra).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 42.895,00 €, IVE excluído.

5. Resolución de declaración de deserto.

a) Data da resolución: 19 de xullo de 2016.

b) Motivo: exclusión do procedemento da única empresa licitadora.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria