Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34975

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle (expediente ED 01/2016).

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía do 29 de xuño de 2015, en sesión ordinaria do 18 de maio de 2016 acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle redactado polo arquitecto municipal en maio de 2016 consistente en reaxuste de aliñacións da vía O Cruceiro. O que se somete a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente: ED 01/2016 estará dispoñible na secretaría do Concello para a súa consulta en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e das 9.00 ás 13.00 horas, os sábados.

Cambados, 6 de xullo de 2016

Fátima Abal Roma
Alcaldesa