Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34976

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO para a licitación de contrato de subministración con instalación da renovación da iluminación pública do concello.

En cumprimento do establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, faise público que o Concello de Carral iniciou a licitación do contrato de subministración con instalación de renovación da iluminación pública do Concello de Carral (regulación harmonizada, procedemento aberto, varios criterios).

Para tal efecto, publicáronse os seguintes anuncios, a través dos cales se pode obter información sobre o expediente:

– Diario Oficial de la Unión Europea do 26 de xullo de 2016 (data de envío, 21 de xullo de 2016).

– Boletín Oficial del Estado do 27 de xullo de 2016.

– Boletín Oficial da provincia da Coruña, do 28 de xullo de 2016.

– Perfil do contratante do Concello de Carral:

http://www.concellocarral.com/index.php?id=121

O contrato está financiado con préstamo reembolsable do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) (BOE nº 107, do 5 de maio de 2015), con posible cofinanciamento ou participación do Feder e/ou Fondos de Cohesión da Unión Europea.

Carral, 29 de xullo de 2016

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde