Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34977

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de convocatoria do procedemento de selección de integración no corpo de Policía local.

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réximen local, no artigo 6.1 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, faise público que por acordo da Xunta de Goberno Local do 2 de xuño de 2016 se convocou o procedemento de selección extraordinario de integración no corpo da Policía Local de Padrón das e dos vixilantes, auxiliares ou interinos que presten servizos neste corpo, en execución do previsto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, coas seguintes características:

a) Número de prazas: unha (1).

b) Escala: Administración especial.

c) Subescala: servizos especiais.

d) Grupo: C1.

e) Clase: policía local.

i. Escala: básica.

ii. Categoría: policía.

f) Sistema de acceso: concurso-oposición.

g) Publicación das bases que rexen o procedemento: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 116, do 20 de xuño de 2016.

h) Prazo de presentación de instancias: vinte (20) días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Padrón, 23 de xuño de 2016

Antonio Fernández Angueira
Alcalde