Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34974

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Burela

ANUNCIO polo que se fai pública a Resolución do 16 de xuño de 2016 referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 1 de xullo de 2016 publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de administrativo adscrito ao Departamento de Urbanismo como funcionario interino.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, na sede electrónica (http://burela.sedelectonica.es) e no taboleiro de edictos do Concello.

Burela, 4 de xullo de 2016

Alfredo Llano García
Alcalde