Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de instalación de gaiolas nunha estrutura flotante para cultivos politróficos (crustáceos alimentados de restos de moluscos), no distrito marítimo do Caramiñal (polígono D), promovido por Benigno Fernández Triñanes (clave 2015/0190).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 14 de xullo de 2016, do proxecto de instalación de gaiolas nunha estrutura flotante para cultivos politróficos (crustáceos alimentados de restos de moluscos), no distrito marítimo do Caramiñal (polígono D), promovido por Benigno Fernández Triñanes.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental