De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 13 de xullo de 2016, do cambio de uso forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Xiá, no concello de Friol, promovido por Sagrario Cabo García e Jesús Ángel Ares Prieto.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental