Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2016 pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, do servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (expediente 1/2016 CNTG).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=45523

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 1/2016 CNTG.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/10.

Lotes:

Lote 1: Formación Linux LPI.

Lote 2: Formación Cisco.

Lote 3: Formación en xestión e dirección de proxectos e/ou servizos IT.

Lote 4: Formación VMware.

Lote 5: Formación en programación e desenvolvemento, DevOps e bases de datos NoSQL.

Lote 6: Formación Microsoft.

Lote 7: Formación Oracle.

Lote 8: Formación en xestión e desenvolvemento áxil: Scrum Manager e Scrum Alliance.

Lote 9: Formación Red Hat.

Lote 10: Formación Cloudera.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80500000-9 servizos de formación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: setecentos sesenta mil oitocentos euros (760.800,00 €).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: setecentos sesenta mil oitocentos euros (760.800,00 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, e distribuído nas seguintes anualidades:

• Ano 2016: 291.040,00 €.

• Ano 2017: 469.760,00 €.

b) Orzamento por lotes:

Lote 1: 76.350,00 €, lote 2: 70.000,00 €, lote 3: 76.000,00 €, lote 4: 31.000,00 €, lote 5: 170.610,00 €, lote 6: 61.500,00 €, lote 7: 144.090,00 €, lote 8: 38.000,00 €, lote 9: 59.000,00 €, lote 10: 34.250,00 €.

A distribución por anualidades de cada lote figura na cláusula 3.1.2 do PCAP.

As actividades obxecto desta contratación serán financiadas con cargo aos fondos que se reciban do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe base de licitación de cada un dos lotes aos cales presentara a proposición económica máis vantaxosa.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 5.3.1. g) e 5.3.1.h) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 23 de agosto do 2016 ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 5 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas (só para o lote 2).

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14.7.2016.

12. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=45523

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria