Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34633

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado por Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 22 e 26 de xullo de 2016, o tribunal nomeado por Orde do 23 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 56, 91, 96 e 98. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 151, 152, 153 e 154. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos). Para estes efectos, fíxase en 90 o número de respostas correctas precisas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, no lugar onde se realizou a proba, no taboleiro de anuncios do Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016

María Esther Rovira Sueiro
Presidenta do tribunal