Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34631

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de xullo de 2016 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 13 de xuño de 2016.

Mediante a Orde do 13 de xuño de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 120, do 27 de xuño de 2016, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 13 de xuño de 2016 e designar a persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Nome e apelidos: José Ignacio Lema Piñeiro.

Número de rexistro de persoal: 3324356002 AS157.

Corpo ou escala: grupo técnico da función administrativa (Admón. autonómica: Servizo Galego de Saúde).

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Subdirección Xeral de Estudos e Políticas de Gasto Sanitario.

Código do posto: FCC020000715770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Localidade: Santiago de Compostela.