Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33974

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2016 referente á convocatoria para prover varias prazas vacantes no corpo da Policía Local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 124, do 30 de xuño de 2016, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público 2015.

O concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución do 16 de xuño de 2016, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2015, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: intendente.

– Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 2. Denominación: inspector.

– Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 3. Denominación: oficial.

– Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 3. Denominación: policía.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 4 de xullo de 2016

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde