Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33975

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación do Plan de sectorización do SUND I-1 de Casnaloba.

Aprobado polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de decembro de 2012, o Plan de sectorización do SUND I-1 de Casnaloba, que contén o ISA (informe de sustentabilidade ambiental), promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, redactado pola consultora de Ingeniería Inselt, S.L., de conformidade co disposto no artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses (posto que está sometido ao trámite ambiental correspondente) mediante anuncio que se publicará no DOG e nos xornais La Región e La Voz de Galicia. O dito período computarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, co fin de que se poida examinar o seu contido e presentar as alegacións ou observacións que se consideren convenientes.

Queda suspendido o outorgamento das licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva do citado plan.

Xunqueira de Ambía, 8 de xullo de 2016

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde