Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1250/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1250/2013 por instancia de Eva María Fernández Juanas contra as empresas Auxiliar y General de Servicios, S.L. e Garbos Áridos para Carreteras, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 20 de xuño de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Eva María Fernández Juanas contra as empresas Auxiliar y General de Servicios, S.L. e Garbos Áridos para Carreteras, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénanse as empresas Auxiliar y General de Servicios, S.L. e Garbos Áridos para Carreteras, S.L. a lle aboar solidariamente a Eva María Fernández Juanas a cantidade de seis mil novecentos noventa e nove euros con trinta e oito céntimos de euro (6.999,38 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Auxiliar y General de Servicios, S.L. e Garbos Áridos para Carreteras, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de xullo de 2016

A secretaria xudicial