Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33905

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (290/2015)

Eu, María Patiño Junquera, letrada da Administración de Xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Ana Belén Cáceres Fernández fronte a Abdourakhmane Diop ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Betanzos, 19 de abril de 2016.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, os presentes autos de modificación de medidas definitivas con número 290/2015, por instancia de Ana Belén Cáceres Fernández representada pola procuradora Sra. Amor Vilariño e asistida pola letrada Sra. Rodríguez Casal, contra Abdourakhmane Diop en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que estimando a demanda presentada pola representación procesual de Ana Belén Cáceres Fernández acordo modificar a sentenza de divorcio con data do 10 de decembro de 2013 ditada por este xulgado, única e exclusivamente o seguinte sentido: suspéndese o réxime de visitas establecido a favor do pai Abdourakhmane Diop; atribúese en exclusiva á nai, Ana Belén, o exercicio da patria potestade respecto do menor que ten en común con Abdourakhmane Diop.

Non se fai expresa condena en custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña no prazo de 20 días a contar desde o seguinte á súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Emma Mourenza Couto, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 4 de Betanzos e dos do seu partido xudicial.

E, encontrándose o devandito demandado, Abdourakhmane Diop, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 19 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza