Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se indican a continuación:

Expediente: ED-DXEFPIE-01/16SE. Contrato administrativo especial de organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Adxudicatario lote 1: Aula Intercultural, S.L.

1.1. Orzamento: 128.744,00 euros.

Data de adxudicación : 14.6.2016.

Data da formalización: 15.6.2016.

2. Adxudicatario lote 2: Hezquide XXI, S.L.

2.1. Orzamento: 124.000,00 euros.

Data de adxudicación: 14.6.2016.

Data da formalización : 15.6.2016.

3. Adxudicatario lote 3: Hezquide XXI, S.L.

3.1. Orzamento: 55.660,00 euros.

Data da adxudicación: 14.6.2016.

Data da formalización: 15.6.2016.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria