Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/365-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LAT 132 kV tramo provisional entre LAT 132 kV Balaídos Zona Franca/Atios Balaídos e LAT 132 kV Balaídos-Castro.

Situación: Vigo.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea a 132 kV de 150 metros de lonxitude, provisional para conexión da LAT 132 kV Balaídos Zona Franca/Atios-Balaídos coa LAT 132 kV Balaídos-Castro. O tramo de liña discorre integramente polos terreos da actual subestación Balaídos, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de xullo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra