Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización do contrato de servizo de restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas, do servizo de restauración, limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes, do campamento xuvenil da Illa de Ons e do campamento xuvenil Pontemaril (expediente 14/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: 1.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas, servizo de restauración, limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes, campamento xuvenil da Illa de Ons e campamento xuvenil Pontemaril.

c) CPV: 55243000-5.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 22 de abril de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Adxudicación:

– Expediente nº 14/2016: servizo de restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas, servizo de restauración, limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes, campamento xuvenil da Illa de Ons e campamento xuvenil Pontemaril.

Adxudicatario: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

Data de adxudicación: 2 de xuño de 2016.

Data de formalización do contrato: 21 de xuño de 2016.

Importe de adxudicación: 241.999,13 € (IVE 10 %: 24.199,91 €) total 266.199,04 € para o verán de 2016 (desde o 22 de xuño ata o 12 de setembro).

Nacionalidade: española.

Vigo, 7 de xullo de 2016

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo