Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (840/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 840/2015 P

Sobre: despedimento

Demandante: María Aurora Martis Sobrido

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandados: Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., Alcor Seguridad, S.L., Segur Euskal Security, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogados: (…), Ángel Ramón Palomero Gómez, (…), Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 840/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Aurora Martis Sobrido contra Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., Alcor Seguridad, S.L., Segur Euskal Security, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 170/2016

Na cidade de Santiago de Compostela o 30 de xuño do ano 2016

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por María Aurora Martís Sobrido -asistida da señora letrada Rosa María Martínez Ferreiro- fronte ás entidades Alcor Seguridad, S.L. (en diante, Alcor), representada polo letrado Ángel Palomero Gómez, Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L. (Serramar, a partir deste momento), a súa administración concursal -na persoa de Carmen Oteo Barranco- Segur Euskal Security, S.L. (Segur Euskal, en diante) e o Fogasa -todos eles non compareceron ao acto de xuízo, non obstante a súa citación en forma-, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Decisión

1º. Que, estimando integramente a demanda promovida por María Aurora Martis Sobrido en canto se dirixiu contra a empresa Secur Euskal Security, S.L., debo declarar e declaro improcedente o seu despedimento, e condeno a aludida demandada a que opte ben pola readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse aquel e con satisfacción dos salarios deixados de percibir desde o despedimento, a razón de 1.306,5 € mensuais, ou ben polo aboamento da cantidade de 3.453,1 € en concepto de indemnización, caso en que a extinción do contrato de traballo se entenderá producida na data do cesamento efectivo na prestación do servizo.

A aludida opción deberá exercerse no termo de 5 días a partir da notificación desta resolución mediante escrito ou comparecencia ante a secretaria deste órgano xurisdicional. Se a demandada non a verifica, entenderase que opta pola readmisión.

2º. Que debo absolver e absolvo as empresas Alcor Seguridad, S.L. e Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L. de todos os pedimentos da demanda articulados na súa contra.

3º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fogasa, na súa condición de responsable legal subsidiario, a estar e pasar polas condenas impostas á aludida codemandada.

4º. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acordo e asino.

O xuíz

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Segur Euskal Security, S.L. e a Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza