Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 11 de xullo de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-04947-O-2014 e un máis).

A persona titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número XC-04947-O-2014 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Carretera-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

XC-04947-O-2014

C-1989-BT

Guardia Civil 1504 A35144Y

Luis Lorenzo Cedeira

32751245G

A realización de transportes públicos de mercadorías así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

11.7.2014; 8.24; N-550; 45,5

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 €

Desestimado

XC-00687-O-2013

5815-GSX

Guardia Civil 1525 W59971A

Juan Carlos Tomé González

33829601M

Atenuante. A utilización do tacógrafo analóxico carecendo dos precintos ou placas preceptivos ou dalgún dos datos obrigatorios.

17.12.2012; 12.00; AP-9; 15

Art. 142.25 LOTT en relación co art. 141.5

Art. 143.1.f) en relación coa letra c) LOTT

301 €

Desestimado