Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2016/019 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. Este prazo comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 4 de xullo de 2016

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 21 de xuño de 2016)
Mª Eugenia Gasalla Valle
Xefa do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

LU-RES 2016/019

José Luis Sánchez Sánchez, José Ángel Sánchez Costoya e Óscar Javier Pose Andrade

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2016/027

Aurel Ionut Porumbaru e Violeta Geta Mecic

Iniciación do procedemento sancionador

LU-RES 2016/049

Elena Mónica Matei e Nicu Menix Matei

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2016/087

Daniel Ionel Loprich, Mirela Carmen Matei e Bianca Matei

Iniciación do procedemento sancionador