Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1056/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1056/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Zuleima Llanos Londoño contra Fruterías Alberti e Hijos, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 316/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1056/2015.

Demandante: María Zuleima Llanos Londoño.

Letrada: Sra. Posado Velado.

Demandada: Fruterías Alberti e Hijos, S.L.

Letrado:

Sentenza nº 316/2016.

A Coruña, 13 de xuño de 2016.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Zuleima Llanos Londoño fronte a Fruterías Alberti e Hijos, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 107,14 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 38,96 €/día.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fruterías Alberti, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza