Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (644/2013).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 644/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luciano Fernández Sabio contra Talleres Carral, S.L.U., administración concursal de Talleres Carral, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre reclamación de cantidade, P. ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de recoñecemento de dereito interpuxo Luciano Fernández Sabio contra a entidade Talleres Carral, S.L.U., a súa administración concursal e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, debo absolver as demandadas das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Carral, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza