Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2016/1229-1).

Expediente: IN407A 2016/1229-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CRN-704B A Revolta, Xuvia.

Concello: Narón.

Características técnicas:

Adecuación do centro de transformación Cerámica Xuvia (expediente 7342) de 250 kVA (transformador existente) e relación de transformación de 15000/400 V, en caseta de obra civil, substituíndo toda a aparellaxe ao aire existente no CT por un conxunto de celas modulares compacto 3L+1P e adecuación da caseta de obra civil.

Liña subterránea de 20 kV, cunha lonxitude de 1.484,00 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS CRN-704B (expediente 123/08), no tramo entre o CT4 (expediente 123/08) e o CT Cerámica Xuvia (expediente 7342), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados coa LMTS CRN-704B recollida no expediente 154/14, no tramo ente o CT Cerámica Xuvia (expediente 7342) e o CT Ribeira (expediente 24/02), despois de realizar entrada e saída no CT Cerámica Xuvia (expediente 7342) que se vai reformar.

Desmontaxe de dous tramos da LMT aérea CRN-704B.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe Territorial da Coruña