Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2016/1143-1).

Expediente: IN407A 2016/1143-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CT avda. Malecón.

Concello: Ribeira.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 74 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMTS PMR-803, nun punto situado entre o CT Módulo Porto (15CY93, expte. 51099) e o CT Caixa de Aforros (15SY98, expte. 220/08), e final no CT proxectado.

– CT avda. do Malecón, nº 39 subterráneo prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña