Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 5 de xullo de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01027-O-2016 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01027-O-2016 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 5 de xullo de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada, p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01027-O-2016

3040-FDP

OR.MA.PU., S.L.

B15577315

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

16.3.2016; 11:40:00; AC-302; 2,0

Artigo 142.8 LOTT

Artigo 143.1.b) LOTT

201 €

XC-01399-O-2016

6663-GJC

Ruibal Costa, Pedro

35477176K

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

12.4.2016; 10:30:00; AG-11; 24,0

Artigo 140.34 LOTT

Artigo 143.1.g) LOTT

1.001 €

XC-01557-I-2016

M0327UT

AC Tres Hispanorte

B27456680

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

1.6.2016; 9:19:00; SC-20; 2,100

Artigo 140.34 LOTT

Artigo 143.1.g) LOTT

1.001 €

XC-01614-O-2016

C-7780-BY

Ifedic Pereira, S.L.

B70418512

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

31.3.2016; 12:03:00; N-550; 12,5

Artigo 140.18 LOTT

Artigo 141.25 LOTT

Artigo 143.1.k) LOTT

Artigo 143.1.e) LOTT

601 €

XC-04596-I-2015

4180HND

Octavio Jesús Ferreira Pena

34888270F

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

29.10.2015; 11:27:12; AC-523; 0.300

Artigo 140.23 LOTT

Artigo 143.1.h) LOTT

4.000 €