Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32931

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se declara de interese galego e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Kertor.

Examinado o expediente de declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Kertor, dítase esta resolución baseada nos feitos e fundamentos de dereito que se expoñen a continuación:

Feitos.

1. Marta Recarey Fernández, secretaria do padroado da Fundación, formulou solicitude de clasificación e declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Kertor foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela (A Coruña), o 27 de xaneiro de 2016, ante o notario Antonio Fernández Naveiro, co número de protocolo 91, por María Isabel Loza García, Ángel María Carracedo Álvarez, José Arnau Sierra, Marta Recarey Fernández e José María Ribas Ruiz ,que actúan no seu propio nome e dereito; e Juan Viaño Rey, que actúa en nome e representación da Universidade da Coruña.

3. A Fundación Kertor, segundo establece o artigo 6 dos seus estatutos, terá fins científicos sanitarios e de impulso da economía social e produtiva de Galicia, co obxecto de captación e coordinación de recursos económicos, humanos e materiais ao longo do ciclo da vida de cada proxecto.

4. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, a identificación dos membros do padroado e os estatutos.

5. Nos estatutos da fundación consta a denominación e natureza; o domicilio, os fins e as actividades para a consecución dos seus fins, as regras para a aplicación das rendas aos fins fundacionais e para a determinación dos beneficios, así como a designación do padroado inicial.

6. O padroado inicial da fundación está formado por Ángel Carracedo Álvarez como presidente, María Isabel Loza García como vicepresidenta, e como vogais; José Arnau Sierra e a Universidade de Santiago de Compostela, representada polo seu reitor Juan Viaño Rey. Consta, tamén, Marta Recarey Fernández como secretaria non patroa.

7. A comisión integrada polos secretarios xerais técnicos de todas as consellerías elevoulle ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico da Fundación Kertor, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e de conformidade co establecido no artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, o protectorado será exercido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

8. De conformidade con dita proposta, por orde da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 1 de xuño de 2016, clasificouse como de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico á Fundación Kertor e adscribiuse á Consellería de Economía, Emprego e Industria para os efectos do exercicio das funcións do protectorado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, en relación co Decreto, 116/2015, do 4 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, correspóndelle a Consellería de Economía, Emprego e Industria a declaración de interese galego mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Kertor, así como o exercicio das funcións do protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia, de conformidade co indicado no dito regulamento.

Terceiro. Á vista do disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, no Decreto 14/2006, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego e no Decreto 15/2009, da mesma data, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, resultan cumpridos os requisitos establecidos pola normativa vixente para a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Fundación Kertor, polo que,

RESOLVO:

Declarar de interese galego á Fundación Kertor e ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, no Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de fundacións de interese galego e no Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, así como na demais normativa que resulte de aplicación, onde se establecen especialmente as abrigas de dar publicidade suficiente dos seu obxecto e actividades, ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, así como a presentación anual da documentación contable e plan de actuación ante o protectorado, que será exercido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Contra esta resolución pode interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas o do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industrial