Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 33/2012.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O interesado dispón dun prazo de oito días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentarse debidamente acreditado ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días desde a data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, sita na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: 33/2012.

Empresa: José Antonio Cupeiro Rañón.

NIF: 33842874F.

Enderezo: lugar Vilaframil, 39, Ribadeo (Lugo).

Lugo, 6 de xullo de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo