Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sobrado (expediente IN407A 2015/298-1).

Expediente: IN407A 2015/298-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMT, CT, RBT O Cepo, O Lago e Portocavado.

Concello: Sobrado.

Feitos.

1. O 1 de outubro de 2015 a promotora solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,023 km, con orixe en apoio s/n da LMT a CT Guisó da liña MEL-705 (expediente 31.441), condutor tipo LA-56 mm2 e final no novo CT intemperie (proxectado).

– Centro de transformación intemperie O Lago, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 20 de novembro de 2015.

– DOG: 17 de decembro de 2015.

– BOP: 3 de decembro de 2015.

– Xornal La Voz de Galicia: 28 de decembro de 2015.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 24 de febreiro de 2016.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións.

– Vicente García López, mediante escrito do 15 de decembro de 2015, solicita valoración adecuada e modificación do trazado alegando en síntese o seguinte:

• O seu predio é un predio urbano, aínda que nestes momentos estea dedicado a pradaría.

• O cambio de localización do CT diminuiría o seu prexuízo sen afectar terceiros.

– Ángel Lodeiro Santos, mediante escrito do 17 de decembro de 2015, solicita cambio de trazado alegando en síntese o seguinte:

• Que diminúe os prexuízos aos predios e non supón un aumento de custo para a empresa.

– Manuel Zas García, mediante escrito do 10 de decembro de 2015, solicita cambio de titularidade do predio nº 25, así como que o chamen para negociar, alegando en síntese o seguinte:

• O predio é da súa propiedade e non do seu irmán.

Destas alegacións déuselle traslado a promotora, que contestou:

– Escrito do 8 de xaneiro de 2016 no cal se valoran as alegacións presentadas por Vicente García López, que en síntese manifesta o seguinte:

• O prexuízo que se produce neste predio será avaliado polo Xurado de Expropiación de Galicia conforme a lexislación aplicable.

• Con respecto á solicitude de cambio da localización do centro de transformación proxectado, débese indicar que na localización proxectada non existen limitacións de carácter técnico sobre prohibicións e limitacións á constitución de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• A solución proposta modificaría as afeccións a outras parcelas. Non se achegou a conformidade dos titulares das parcelas afectadas coa solución alternativa proposta.

• Os solicitantes da modificación do trazado son os que teñen a obriga de acreditar o cumprimento conxunto das condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, para que se deba proceder á modificación do trazado.

– Escrito do 4 de xaneiro de 2016 no cal se valoran as alegacións presentadas por Ángel Lodeiro Santos, que en síntese manifesta o seguinte:

• Con respecto á solicitude de cambio do trazado da liña proxectada, débese indicar que na localización proxectada non existen limitacións de carácter técnico sobre prohibicións e limitacións á constitución de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• A solución proposta aumentaría as afeccións a outras parcelas. Non se achegou a conformidade dos titulares das parcelas afectadas coa solución alternativa proposta.

• Os solicitantes da modificación do trazado son os que teñen a obriga de acreditar o cumprimento conxunto das condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, para que se deba proceder á modificación do trazado.

– Escrito do 9 de xuño de 2016 no cal se valoran as alegacións presentadas por Manuel Zas García, que en síntese manifesta o seguinte:

• Foi modificada a titularidade do predio.

• Puxéronse en contacto con el e non se chegou a acordo amigable.

5. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o emprazamento das instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58 a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións da promotora, cómpre sinalar:

– Non procede atender a solicitude realizada por Vicente García López e por Ángel Lodeiro Santos polo seguinte:

• Non xustifican o cumprimento conxunto das condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000 para que se deba proceder á modificación do trazado.

• As solucións propostas modificarían as afeccións a outras parcelas e non se achegou a conformidade dos titulares das parcelas afectadas coas solucións alternativas propostas.

– Atendeuse a alegación realizada por Manuel Zas García:

• Foi modificada a titularidade do predio.

• Puxéronse en contacto con el e non se chegou a acordo amigable.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de outras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña