Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32684

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (574/2015).

PO. Procedemento ordinario 574/2015

Procedemento orixe sobre ordinario

Demandante: Fátima Vidal Vilar

Avogado: Ricardo López Mosteiro

Demandados: Packaging Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Daniel Pazos Fernández, Several Group

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 574/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fátima Vidal Vilar contra Packaging Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Daniel Pazos Fernández e Several Group, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fátima Vidal Vilar contra a entidade Packaging Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Packaging Coruña, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 704,18 euros brutos, por diferenzas salariais devindicadas nos meses de outubro e novembro de 2014, ambos os dous incluídos, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas e 1.142,05 euros brutos por horas extras realizadas nos mesmos meses, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fátima Vidal Vilar contra a entidade Several Group e contra Daniel Pazos Fernández, que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Packaging Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza