Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1306/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1306/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Catoira Serantes contra Comercial Malpica, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 2 de maio de 2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fágolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Comercial Malpica, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza