Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamento en xeral 997/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Rodríguez Lago contra Monsial, S.L.U. sobre despedimento, se ditou resolución de data do 11.3.2016 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fai saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.
E, para que sirva de notificación en legal forma a Monsial, S.L.U., expido no presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 20 de xuño de 2016
O letrado da Administración de xustiza