Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 22 de xullo de 2016 Páx. 32279

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (668/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 668/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Modesto José Casal Mouzo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Administración Concursal Ambulancias do Eume, S.L., Ambulancias do Eume, Tesouraría Xeral da Seguridade Social TXSS, Mutua Mc Mutual sobre seguridade social, se ditou resolución con data do 27.6.2016 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, e faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Ambulancias do Eume, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza