Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 22 de xullo de 2016 Páx. 32276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (149/2014)

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 149/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Casais Redonda contra a empresa Rodacepesca, C.B. e Fogasa, sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza:

Na cidade da Coruña, o 27 de xuño de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 149/2014, en que son parte, dunha banda, como demandante, Juan Manuel Casais Redonda, representado polo letrado José Miguel Orantes Canales, e, como demandados, Rodacepesca, C.B. e Fogasa, que non comparecen malia teren sido citados en legal forma, sobre procedemento ordinario, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Juan Manuel Casais Redonda, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Rodacepesca, C.B. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 14.865 euros polos conceptos reclamados na demanda máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “Conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Rodacepesca, C.B., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza