Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016 pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto, trámite ordinario, do servizo, por lotes, para o desenvolvemento do Programa Responsabilízate (expediente 2/2016 SXE).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2/2016 SXE.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo, por lotes, para o desenvolvemento do Programa Responsabilízate.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/4.

Lotes:

Lote 1: servizo de diagnose, formación e de implantación da RSE en empresas da provincia da Coruña.

Lote 2: servizo de diagnose, formación e de implantación da RSE en empresas da provincia de Lugo.

Lote 3: servizo de diagnose, formación e de implantación da RSE en empresas da provincia de Ourense.

Lote 4: servizo de diagnose, formación e de implantación da RSE en empresas da provincia de Pontevedra.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: para cada un dos lotes será desde o día seguinte da sinatura do contrato e terán unha vixencia inicial de 18 meses.

f) Admisión de prórroga: os contratos que deriven da presente contratación poderán ser prorrogados, por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, por un prazo máximo de 18 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 98390000-3 outros servizos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de condicións administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: trescentos sesenta e sete mil oitocentos euros (367.800,00 €), incluída a posible prórroga (18 meses).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: cento oitenta e tres mil novecentos euros (183.900,00 €), máis o imposto sobre o valor engadido (IVE 21 %) de trinta e oito mil seiscentos dezanove euros (38.619,00 €), que fan un total de douscentos vinte e dous mil cincocentos dezanove euros (222.519,00 €), distribuído nas seguintes anualidades:

Ano 2016: 37.950,00 + 7.969,50 (IVE 21 %)= 45.919,50 €.

Ano 2017: 118.950,00 + 24.979,50 (IVE 21 %)= 143.929,50 €.

Ano 2018: 27.000,00 + 5.670,00 (IVE 21 %)= 32.670,00 €.

b) Orzamento por lotes:

Lote 1: 72.781,50 €. Lote 2: 38.478,00 €. Lote 3: 38.478,00 €. Lote 4: 72.781,50 €. A distribución do orzamento de cada lote, por anualidades, especifícase na cláusula 3.1.2

As actividades obxecto desta contratación serán financiadas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe base de licitación de cada un dos lotes aos que licita.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 8.1.1.e) e 8.1.1.f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 5 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, cuantificables mediante xuízos de valor.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=51658

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria