Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 8 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Álabe-Montemaior Norte (expediente 062-EOL).

En cumprimento do disposto nos artigos 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo; rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 8 de xullo de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Último domicilio
coñecido

Acto notificado

Parque eólico Álabe-Montemaior Norte 062-EOL

Cecilio Campos Pedreira

A Costa-O Pereiro 27775 Alfoz (Lugo)

Trámite de audiencia en relación coas persoas con quen se debe continuar a tramitación do expediente expropiatorio.